Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU para axusta-las aliñacións da rúa do Gorgullón e das transversais a esta entre esta e a avenida de Eduardo Pondal.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 20 de marzo do 1997 aprobou con carácter inicial, a modificación puntual do PXOU para axusta-las aliñacións da rúa do Gorgullón de das transversais a esta entre esta e a avenida de Eduardo Pondal, formulado o documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do Concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 31 de marzo de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3914