Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial de estudio de detalle de modificación de rasante da UA-6 do SU-5 do PXOU de Ourense.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 19 de decembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Benjamín Gómez e Hijos, S.L. da modificación da rasante dun tramo da UA-6 do SU-5 do PXOU de Ourense.

2. Somete-lo expediente á información publica polo prazo de quince días anunciando isto no BOP e no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Durante o dito prazo, que comezará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, poderase presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de xaneiro de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde en funcións

3839