Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección-Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público por procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a contratación de subministración dun equipo de radiografías ortopantomográficas.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996, convoca o seguinte concurso público nº 1/1997 polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a contratación dunha subministración dun equipo de radiografías ortopantomográficas.

Orzamento: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público aberto, con trámite de urxencia.

Prazo de execución: o prazo de entrega será de 30 días contados a partir da data da sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais

documentación complementaria estará á disposición dos interesados na Administración do Hospital Nicolás Peña, sita na Avda. das Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 horas ás 14 horas.

Fianza provisional: os concursantes deberán acreditar na forma que establece o prego de cláusulas unha fianza provisional de 80.000 ptas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que cómpre presentar: serán os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 30 de abril de 1997.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo

3524