Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

ANUNCIO do 7 de maio de 1997 pola que se fai pública a convocatoria ás entidades públicas e privadas galegas para a formación dunha rede ou circuíto estable de programación teatral e de monicreques de carácter profesional.

Obxecto: convocatoria de cofinanciamento ó 50% de programación teatral a entidades públicas (concellos principalmente) e algunha entidade privada que queira participar e que conten coa infraestructura necesaria e cumpran os requisitos básicos.

Requisitos básicos:

Contar cun local con equipamento e dimensións suficientes.

Ter unha persoa responsable de programación.

Establecer un prezo de despacho de billetes.

Destinar unha achega económica anual dun millón de pesetas como mínimo. Para este ano, por programarse tan só o segundo semestre de 1997, a cantidade mínima será de 500.000 pesetas.

As bases da convocatoria coas condicións técnicas particulares, así como o modelo de proposición, poderán ser examinados e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM, (Pavillón de Galicia. San Lázaro, apartado de correos 150, Santiago de Compostela).

A presentación de proposicións efectuarse no rexistro xeral do IGAEM (Pavillón de Galicia. San Lázaro, Santiago de Compostela), axustándose ó modelo anexo ás bases, por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, no prazo de 20 días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

3857