Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña, do 1 de abril de 1996 (BOE do 7 de maio) para a provisión da praza 96/018 de
catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Enxeñería Industrial da Universidade da Coruña, e tendo en conta que a comisión non propón ningún candidato. Visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 2 de maio de 1997.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
3615