Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-10/1997 e P-296/1996, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria da delegación provincial, podendo ser recusada en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de

probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

ANEXO

-Expediente nº P-10/97.

Denunciado: Carlos Chaudarcas Vázquez (DNI 34.912.074).

Último enderezo coñecido: r/Quintián 28-3º b. Ourense.

Feitos imputados. pescar non sendo titular dunha licencia válida de pesca; o día 25-1-1997 no encoro de Belesar-Sabadelle-Chantada-Lugo.

Precepto sancionador: 34.1 da Lei de pesca.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

-Expediente nº P-296/96.

Denunciado: José Mª Díaz Sánchez (DNI 33.611.088).

Último enderezo coñecido: S. Isidro Labrador 4-4º Esqda. Lugo.

Feitos imputados: pescar con artes prohibidas tendo colocada unha nasa no paso de auga dunha pequena ponte e impedindo que as troitas puidesen remontar augas arriba; estas quedaron atrapadas na dita nasa, polo que se infrinxiu o disposto no artículo 31.2 da Lei 7/1992.

O día 20-12-1996 no regato de Caldaloba.

Precepto sancionador: 35.5 da Lei de pesca.

Calificación infracción: grave.

Sanción: 500.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano e un día.

Lugo, 22 de abril de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

3876