Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 97/5-1).

Ós efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da

enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude formulada por Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa) co enderezo na rúa Arkaute, número 5, Vitoria (Áraba) para a autorización administrativa do parque eólico da Lagoa, e conforme os seguintes datos:

-Concellos afectados: Ferrol e Narón.

-Superficie afectada; 4,57 km

Coordenadas: V(0 561 721 W, 4 825 000 N), V(0 562 500 W, 4 824 663 N),V(0 562 500 W, 4 824 000 N), V(0 562 000 W, 4 823 500 N), V(0 562 500 W, 4 822 350 N), V(0 561 300 W, 4 822 350 N), V(0 561 300 W, 4 821 500 N), V(0 560 655 W, 4 821 500 N), V(0 560 000 W, 4 822 500 N), V(0 560 000 W, 4 823 000 N), V(0 560 500 W, 4 823 000 N), V(0 560 500 W, 4 823 500 N), V(0 561 000 W, 4 823 500 N),

-Potencia que se vai instalar: 24 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar solicitudes en competencia, axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 7 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3491