Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.715

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 6 de maio de 1997 pola que se modifica a Orde do 27 de maio de 1993, pola que se regula a autorización de establecementos de óptica.

A Orde do 27 de maio de 1993 veu instaura-lo procedemento para a obtención das autorizacións de establecementos de óptica na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os requisitos e condicións mínimas que estas deben reunir. En particular, o artigo 8 determina a documentación que se debe xuntar ás solicitudes de autorización de apertura e posta en funcionamento, sendo agora pertinente engadi-la necesidade de achegar certificación acreditativa da inscrición do interesado no correspondente colexio oficial.

Por iso, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como na disposición final primeira do Decreto 99/1984, do 7 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo único.-Dáse nova redacción ó apartado 1 do artigo 8 da Orde do 27 de maio de 1993, que queda redactado como segue:

«1. Terminada a instalación do local e do seu equipamento, e antes de inicia-la actividade, o interesado comunicarallo á delegación provincial, segundo modelo que se indica no anexo II desta orde, achegando a relación nominal de traballadores, nomeamento do óptico responsable con certificación acreditativa da súa titulación e inscrición no correspondente colexio oficial, así como xustificante de ter aboado a taxa correspondente prevista no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, ou normativa que a veña substituír».

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

3631