Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto por Carolina Cancelo Bello contra resolución denegatoria de autorización OT205D 96/46-1 dictada pola Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, fáiselle saber a Carolina Cancelo Bello, con último enderezo coñecido na Avda. das Mariñas nº 225, 2º esquerda, San Pedro de Nós 15176 Oleiros (A Coruña), que con data 18-2-1997 a Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes dictou a siguiente resolución:

Examinado o expediente que consta nestas dependencias relativo á autorización OT205D 96/46-1 solicitada por Carolina Cancelo Bello para a construcción dunha rampla de acceso ó su predio, sito no concello de Bergondo na estrada AC-170 Guísamo-Sta. Marta de Babío, p.k. 6,010 e tendo en conta:

-Con data 22-5-1996 a recorrente presentou solicitude perante a Xefatura Provincial de Estradas da Coruña para a realización da citada rampla.

-Con data 10-9-1996 resolveuse negativamente a dita solicitude baseada no feito da escasa visibilidade no sentido Guísamo.

-Con data 4-10-1996 interponse recurso ordinario contra a dita denegación alegando o encaixe do predio xa que as outras beiras del son lindantes con outros predios, de xeito que o único acceso posible é desde a estrada. Manifesta tamén a súa intención de soluciona-la falta de visibilidade recuando a entrada do seu predio cara ó interior del, así como a súa actitude de aceptar e poñer en práctica tódalas modificacións que se consideren precisas para garanti-la seguridade viaria.

-O informe do enxeñeiro técnico de Obras Públicas do Servicio de Estradas considera que para garanti-la visibilidade no sentido Guísamo, cómpre que esta sexa superior a 60 m.

-Recibido o recurso ordinario nestas dependencias, solicítase informe á Subdirección Xeral de Estradas sobre este.

-Con data 4-2-1997 emítese informe polo enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas da Coruña no que se considera que, ó demole-lo cerra

mento da propiedade, se conseguiría unha visibilidade de 35 m. e que para conseguir unha visibilidade de 60 m. cómpre derruba-lo cerramento da propiedade lindante.

Ofrécese como posibilidade alternativa a colocación dun espello convexo.

Tendo en conta todo o anteriormente dito e en aplicación do artigo 114 da Lei 30/1992,

RESOLVO:

Autoriza-la realización da rampla sometida ás dúas condicións sinaladas no informe do enxeñeiro técnico.

1ª) O derrubo do cerramento do predio de xeito que se consiga unha visibilidade de 35 m. aproximadamente.

2ª) A colocación dun espello convexo co fin de conseguir unha maior visibilidade cercana ós 60 m.

Fáiselle saber que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, pode interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

3401