Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.622

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, dos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8, do 11 de xaneiro de 1996), pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión conxunta celebrada na mesma data da presente resolución, sobre sinalamento da data, a hora e o lugar da celebración do cuarto exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión conxunta celebrada o día 14 do mes que corre polos tribunais números 1 e 2, designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocadas por orde da Consellería da

Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8, do 11 de xaneiro de 1996), acordouse, de conformidade co disposto na base II.2.2 da convocatoria que o cuarto exercicio da fase de oposición, específico para o sistema de acceso libre, celebrarase o día 19 de maio de 1997, ás 17 horas, na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus Universitario Sur, en chamamento único.

Os opositores deberán ir provistos de DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

De conformidade co disposto na base II.2.2 da convocatoria, para a realización deste exercicio poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Pablo Figueroa DorregoDomingo Bello Janeiro

Presidente do Tribunal nº 1Presidente do Tribunal nº 2

97-3657