Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de abril de 1997 de notificación do acordo polo que se resolve a caducidade do expediente sancionador 14.7/92 II e a incoación dun novo expediente sancionador 14.7/92 II (B) ó mesmo presunto responsable e polos mesmos feitos, por presunta infracción á lexislación de costas, nomeándose instructor e secretario deste e do prego de cargos que formula o instructor.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado provincial desta consellería en Pontevedra, polo que se declara a caducidade do expediente administrativo sancionador 14.7/92 II incoado en virtude de Resolución con data do 8 de xullo de 1994, a Manuel José Davila García, na súa condición de promotor das obras consistentes na construcción dun galpón de bloques de cemento, no lugar de Praia de Cornide, termo municipal de Bueu, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, e a incoación dun novo expediente administrativo sancionador número 14.7/92 II (B) ó mesmo presunto responsable e polos mesmos feitos, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do seu regulamento (en adiante R.C.); noméase instructor a Alfonso Fernández

Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio Provincial de Costas desta delegación provincial.

Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados; o expedientado disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do Regulamento xeral para o desenvolvemento e exe

cución da Lei de costas, aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante R.C.).

Consta no expediente valoración das obras realizada pola arquitecta técnica do Servicio Provincial de Costas.

De acordo co establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non presentar alegacións dentro do prazo sinalado, o acordo de incoación, en relación co prego de cargos formulado polo instructor, considerarase proposta de resolución.

Pontevedra, 18 de abril de 1997.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO I

Expediente número: 14.7/92 II (B).

Denunciado: Manuel José Davila García.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Avda. da Florida, nº 30, P-3, 5º B (Vigo).

Data do acordo: 31-1-1997.

Feitos: construcción dun galpón de bloques de cemento.

Lugar: Praia de Cornide.

Concello: Bueu.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da LC e artigo 45.1º.a), 46.1º e 48.1º do RC.

Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da LC e artigo 174 c) do RC.

Valoración: noventa e oito mil setecentas oitenta e sete pesetas (98.787 ptas.).

Cualificación e contía da posible sanción: artigo 91.2º e) e 97.1º da LC e artigo 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do RC; poderá recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas, en función da valoración: vintecatro mil seiscentas noventa e sete pesetas (24.697 ptas.).

3399