Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (86/1996).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 10 de abril de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da subzona A da UA 3 do SU-2 de Ourense, por instancia de Norberto Varela Rial, logo da constitución de garantía polo importe de 17.000.000 de ptas. (dezasete millóns de pesetas), para asegura-la correcta execución das obras e a súa simultaneidade coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de quince días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de abril de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde accidental

3625