Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre reelección do xuíz de paz, titular e substituto deste municipio.

Próximo a remata-lo prazo legal polo que se nomeou xuíz de paz, titular e substituto desde municipio, en cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985, do un de xullo, do poder xudicial, e co fin de proceder á nova elección, ábrese a seguinte convocatoria:

1. Obxecto: presentación de solicitudes perante o alcalde-presidente deste concello, por parte de quen desexe exerce-lo cargo de xuíz de paz titular ou substituto.

2. Prazo de presentación: 15 días hábiles a partir da última publicación no BOP ou no DOG.

3. Condicións legais dos aspirantes ou solicitantes:

a) Ser español maior de idade.

b) Estar capacitado física ou psiquicamente para a función xudicial.

c) Non estar cumprindo condena por delicto doloso.

d) Non estar suxeito a proceso pola mesma clase de delicto.

e) Posuí-lo pleno exercicio dos seus dereitos civís.

4. Xuntaranse á solicitude os documentos seguintes:

-Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

-Certificado no Rexistro Central de Penados e R. e declaración complementaria de conducta cidadá.

-Xustificación de méritos (de alegalos o solicitante).

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Melide, 24 de abril de 1997.

Miguel E. Pampín Rúa

Alcalde

3403