Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a contratación da obra de reparacións varias en vivendas e en zonas comúns dos residenciais R.8.1., R.8.2., R.8.3., R.8.4. e R.8.5. do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela. (Expediente C-97/REP13).

Obxecto: obras de reparación en vivendas e en zonas comúns dos residenciais R.8.1., R.8.2., R.8.3., R.8.4. e R.8.5. do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Orzamento: vintetrés millóns cincocentas sesenta e nove mil duascentas noventa e dúas (23.569.292) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 4 e 6; categoría d.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: novecentas corenta e dúas mil setecentas setenta e dúas (942.772) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e a disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela)

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10:00) horas do sexto día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

3382