Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da admi

nistración hidráulica de Galicia, publicada no DOG do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Complementario nº 1 da EDAR do río Lagares (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: COPASA.

Orzamento: 384.820.000 ptas.

-Construcción dun novo depósito regulador de auga en Montealegre (Ourense).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 86.286.000 ptas.

-Saneamento da parroquia de Cabral -colector de cabeceira río Lagares (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 248.764.963 ptas.

-Saneamento de Seixo e Loira (Marín-Pontevedra).

Adxudicatario: Cubiertas y MZOV, S.A.

Orzamento: 243.349.332 ptas.

-Abastecemento a Teo - 2ª fase (A Coruña).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 143.436.595 ptas.

-Asistencia técnica para explotación e mantemento da rede foronómica existente nas concas de Galicia-costa.

Adxudicatario: Tratamientos del Norte, S.L. (TRANOR).

Orzamento: 68.222.129 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas

de Galicia

3603