Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 21 de abril de 1997, do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 42/1996 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e derradeiro enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador 42/1996 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

No caso de conformidade coa sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1997.

Juan Jesús Gestal Otero

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: 42/1996.

Denunciado: Ovidio Álvarez Domínguez.

Derradeiro enderezo coñecido: Rúa Ortigueira, 2-1º, A Coruña.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 3.1.8 e capítulo VIII do R.D. 1437/1992. Lei 14/1986 (xeral de sanidade).

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade). R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 750.000 ptas.

3358