Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación da obra: proxecto básico e de execución de acondicionamento da igrexa de Santa María a Nova para a exposición de lápidas sepulcrais, en Noia (A Coruña).

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación da seguinte obra:

-Proxecto básico e de execución do acondicionamento da igrexa de Santa María a Nova para a exposición de lápidas sepulcrais, en Noia (A Coruña).

-Orzamento de licitación: vintesete millóns novecentas trinta e nove mil cento setenta e unha pesetas (27.939.171 ptas) IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Exposición da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

3421