Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: as obras de rede de saneamento en Cea-Vento.

2. Prazo do contrato: seis meses.

3. Prezo do contrato: 10.103.147 ptas.

4. Garantías provisional de definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 202.063 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no BOP e DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 21 de abril de 1997.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde