Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 20 de marzo de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para ordenación do soar do futuro edificio dos xulgados en parcela sita no Cavadelo, redactado polo arquitecto Mariano Jaureguizar Azarola.

De conformidade co establecido no artigo 117 do Real decreto lexislativo 1/1992, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de quince días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 14 de abril de 1997.

Xoaquín Xavier Gago López

Alcalde

3326