Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

Por resolución desta alcaldía, con data do 3 do presente mes, aprobouse inicialmente o estudio de

detalle no contorno da unidade de actuación nº 13 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Fene.

De conformidade co disposto na lexislación vixente, sométese a información pública polo termo dun mes, contado a partir da última publicación regulamentaria do presente anuncio, durante o que se poderá examina-lo expediente e formula-las alegacións que se consideren pertinentes perante a alcaldía.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 4 de abril de 1997.

Xosé Mª Rivera Arnoso

Alcalde

3324