Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A comisión de goberno deste concello, en sesión celebrada o día 20 de marzo de 1997, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle da UA 41 presentado por Camilo López Pérez, propietario único dos terreos que constitúen o ámbito da unidade, e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, que ten por obxecto defini-la rasante do novo vial e ordena-los volumes nos soares resultantes.

2. Aprobar con carácter inicial a determinación do sistema de compensación para a execución da UA 41, segundo solicitude formulada polo propietario.

Durante un prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 4 de abril de 1997.

Ricardo Seoane Gandamio

Alcalde en funcións

2758