Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (164/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela dou fe que nos autos de que se fará mérito, dictouse a sentencia que ten como encabezamento de parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1996. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 164/1996, seguidos por estafa; sendo denunciantes Elisa Rodríguez Mosquera, Laura Espinola Conde, Patricia Rico Rodríguez, Trinidad Yolanda Rico Rodríguez, Rosa María Otero Pardo, Arturo Camiño Gendra e Ana María Seoane Pardo, maiores de idade, e aparecendo como parte denunciada Julio Turrado García, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Julio Turrado García como autor responsable dunha falta de estafa do artigo 587.2º do Código Penal derrogado, á pena dun mes de arresto menor, debendo indemnizar a Elisa Rodríguez Mosquera, Laura Espinola Conde e Ana María Seoane Pardo na cantidade de 15.000 ptas. a cada unha delas, así como á entidade Hostal Winsor, S.L., na cantidade de 24.824 ptas. Así mesmo, debera abona-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo do cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Julio Turrado García, o cal se acha en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1997.

O secretario

Rubricado