Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (87/1997).

Fai saber que no expediente número 00087/1997, se tivo por solicitada, mediante providencia desta data, a suspensión de pagamentos de Umopo, S.L., con domicilio desta cidade, praza de abastos nº 10 entresollado, e dedicada a construcción, reparación e conservación de edificios e obras públicas, téndose designado para o cargo de interventores xudiciais, a Francisco Conde Barros, Santiago López Regueiro e á acredora financeira Didero, cun activo de 156.107.000 pesetas e un pasivo de 139.162.535 pesetas.

E para que sirva de publicidade ós fins previdos na Lei de suspensión de pagamentos e especialmente no seu artigo 9, expido o presente edicto en Ordes o tres de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2824