Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de maio de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Mondariz Balneario.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Mondariz Balneario, con domicilio en Mondariz Balneario.

Supostos de feito:

1. Ana Isabel Rodríguez Parada na súa calidade de secretaria do padroado da fundación, en escrito do 23 de abril de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Mondariz-Balneario, o día 8 de abril de 1997, ante o notario Luis Darrieux de Ben, co número seiscentos oito do seu protocolo por Agapito Abril Toucedo, Nicolás Alberte Meixengo, Carlos Álvarez Cid, José Álvarez Contreras, José Manuel Álvarez Graña, Antonio Bernardo Rubio, Xosé Manuel Carballido García, Javier Carrera Álvarez, Manuel Carlos Castiñeiras Arias, María del Pilar del Amo Fontán, Emilio del Río Bouzas, Pedro Díaz Torres, Adriano do Carmo Fernández, Manuel Domínguez Rivas, Isidor Enes Faro, Félix Isidoro Enes Sierra, Bernardo Estévez Alfaro, José Carlos Estévez Lago, Francisco Expósito Rubinos, Eladio Fábregas Vázquez, José Luis Fernández García, José Juan Fernández Pérez, Antonio Freire Magariños, Carlos García Conde del Castillo, Flora Gutiérrez Blázquez, Antonio Heber Rodríguez Eichorn, Jesús José Herranz Areal, Manuel Iglesias Suárez, Matilde Juncal Fernández, Manuel Latas Rodríguez, María Teresa Lillo

Pichel, José Fernando López Ramil, José Antonio Lorenzo Rodríguez, María Luisa Lorenzo Rodríguez, Lorenzo Mones Bugarín, Juan Oliveira Vieitez, José Manuel Ortigueira Bobillo, Juan Carlos Padín Nieto, Miguel Pereira Figueroa, José Enrique Pérez-Arda Criado, José Pérez Giráldez, Manuel Perozo Ruiz, Baltasar Pujales Estévez, Juan Reboreda Enríquez, Marcial Rey Rey, Francisco Ribas Sio, Fernando Rodríguez Martín, Ana Isabel Rodríguez Parada, José Antonio Rodríguez Sánchez, Miguel Ángel Rodríguez Varela, Fernando Rubira Sánchez, Antonio Salgueiro Armada, Javier Solano Rodríguez-Losada, José Soto Pregal, Jorge Tocino Maquieira, Ana Isabel Troncoso Blanco, Raimundo Viejo Viñas, Javier Pousa Carrera, interveñen en nome propio e ademais José Carlos Estévez Lago en nome e representación como mandatario verbal de Manuel Solla Camino; Emilio del Río Bouzas en nome e representación da entidade Ecovigo Publicidad, S.L.; José Antonio Lorenzo Rodríguez en nome e representación como mandatario

verbal de Félix Sancho Gracía, de Vicente Curras Franco, de José Varela Enríquez; Ana Isabel Rodríguez en nome e representación de David John Russelle e como mandatario verbal de Ángel Abad Bernárdez, Carlos Fer

nández Pato, Carlos Alberto González Príncipe, Alfonso Paredes Pardo, Manuel Pérez Fernández, Carlos Prado Soto, Sonia Margarita Rodríguez Parada, Benigno Varela Enríquez, José Manuel Cao Rodríguez, José Luis Alonso González, José Luis Estévez Alen, Ángel Luis Gómez Araújo, Horacio Gómez Araújo, Mariano Julián José Gómez-Ulla Álvarez, Antonio Graña Gómez, Fernando López Domínguez, Alfonso César Núñez Casal, María Elena Núñez Casal, Miguel Piñón Cimadevilla, María del Carmen Rodríguez Bruna e José Antonio Rodríguez Palacios, Pedro Díaz Torres como mandatario verbal de Joaquín Tuñas González e José Joaquín Tuñas González, e Alfonso García Migón e Javier Solano Rodríguez-Losada en nome e representación da entidade mercantil Aguas de Mondariz, Fuente del Val, S.A. e como mandatario verbal de Manuel Barros Fachal. Esta escritura foi complentada por outra posterior, outorgada en Vigo o dezaoito de abril ante o notario Alejo Calatayud Sempere co número mil seiscentos trinta e un do seu

protocolo.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é a satisfacción e colaboración de e en toda clase de temas intelectuais e artísticos, morais ou físicos.

4. O padroado da fundación estará constituído por Javier Solano Rodríguez Losada como presidente, Ana Isabel Rodríguez Parada como secretaria, José Antonio Lorenzo Rodríguez como vicepresidente primeiro, Javier Pousa Carrera como vicepresidente segundo e Emilio del Río Bouzas, Pedro Díaz Torres, José Enrique Pérez-Ardá Criado e Antonio Salgueiro Armada como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Mondariz Balenario, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 5 de maio de 1997. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Mondariz Balneario e adscribila á Consellería de Cultura e Comunicación Social, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

3284