Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/437-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica del Moscoso, S.L.

Enderezo social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: R.B.T. San Vicente e Oitavén-Fornelos.

Situación: concello de Fornelos de Montes.

Descricións técnicas: R.B.T., aérea, de 3.570 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, en San Vicente de Oitavén, concello de Fornelos de Montes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 21 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-3196