Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/33-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1996 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: reforma L.M.T. Sobroso-A Lagoa.

Situación: concello de Mondariz.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.420 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre torretas metálicas, desde o C.T. de Sobroso ata a derivación da liña a Escobeiro, na Lagoa, concello de Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3198