Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.467

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez (praza 28/1996).

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 3 de maio de 1996 (BOE do 10 de xuño), para a provisión de unha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, prol de Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez, DNI nº 34.914.531, e cumprindo

a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez, catedrático de universidade, da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de abril de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3380