Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 9 de febreiro de 1996 (BOE do 7 de marzo), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, a prol de Vicenta Soledad Martínez Zorzano, DNI nº 16.524.511, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Vicenta Soledad Martínez Zorzano, profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 22 de abril de 1997.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
3386