Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de poxa aberta e trámite de urxencia, das obras que se citan.

a) Obras:

* Clave: R-AC-97.10.

Título: limpeza de foxos, pavimentación e sinalización nas estradas AC-163 Sada a Mera, AC-183 Sada a Meirás e AC-184 ramal de AC-172 a Meirás.

Orzamento: vinte millóns cento noventa e catro mil duascentas cincuenta e unha (20.194.251) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas tres mil oitocentas oitenta e cinco (403.885) pesetas.

* Clave: R-AC-97.11.

Título: pavimentación e sinalización das estradas AC-133 ramal de AC-122 a Fene e AC-134 ramal de AC-133 ó peirao de Maniños.

Orzamento: trinta e sete millóns seiscentas trinta mil oitocentas cincuenta e dúas (37.630.852) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: setecentas cincuenta e dúas mil seiscentas dezasete (752.617) pesetas.

* Clave: R-AC-97.12.

Título: tratamentos asfálticos LC-402, Santa Comba á Silva e LC-403 Muros a Santa Comba, tramos illados.

Orzamento: trinta e oito millóns duascentas trinta e tres mil seiscentas vintenove (38.233.629) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: setecentas sesenta e catro mil seiscentas setenta e tres (764.673) pesetas.

* Clave: R-AC-97.13.

Título: tratamento superficial tipo sandwich C-550 Noia-Muros, p.k. 8,700/10,300 y 25,000/34,000.

Orzamento: dezaoito millóns dezasete mil seiscentas setenta e unha (18.017.671) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: trescentas sesenta mil trescentas cincuenta e tres (360.353) pesetas.

* Clave: R-AC-97.14.

Título: reperfilado con mestura asfáltica AC-422, camiño de Buño a Ponteceso, p.k. 1,000/5,000.

Orzamento: vinte millóns novecentas noventa e oito mil seiscentas corenta e cinco (20.998.645) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas dezanove mil novecentas setenta e tres (419.973) pesetas.

* Clave: R-AC-97.15.

Título: limpeza de foxos e pavimentación en AC-144, Pontedeume-Taboada, p.k. 0,606/6,200.

Orzamento: dezasete millóns cento vintesete mil cincocentas corenta e dúas (17.127.542) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: trescentas corenta e dúas mil cincocentas cincuenta e unha ( 342.551) pesetas.

* Clave: R-AC-97.30.

Título: tratamentos asfálticos en tramos illados na LC-301 de Padrón a Noia e LE-302 da Pobra do Caramiñal a Oleiros.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas noventa e nove mil novecentas oitenta e oito (24.999.988) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: cincocentas mil (500.000) pesetas.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixiráselle-la fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña, ás doce horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de maio de 1997.

P.O. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

3539