Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa D.S. Salgado, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-3-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data do 3-3-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de abril de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio da empresa D.S. Salgado, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio afecta en todo o seu contido á empresa D.S. Salgado, S.L., que ten o seu domicilio en Vilagarcía de Arousa e a todo o seu persoal que está prestando os seus servicios nela, así como ós que se incorporen despois. O seu posto de traballo poderá variar segundo as circunstancias e necesidades da empresa, sen que varíen por iso nas condicións estipuladas.

Artigo 2º.-Vixencia.

As cláusulas deste convenio terán unha duración dun ano, entrando en vigor o día da súa sinatura, con independencia da data da súa publicación no BOP, prorrogándose tacitamente en períodos anuais, se non é denunciado por calquera das partes, de acordo coas normas vixentes.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectarase a título individual as condicións de traballo superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía, será exclusivamente de carácter persoal, sen que poida entenderse vinculada ó posto de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor condicións máis beneficiosas das que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, segundo establece o Estatuto dos traballadores, repartidas na forma máis idónea para a empresa e os traballadores, entendido sempre o interese deles e a productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dunhas vacacións retribuídas de acordo coas seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións desfrutaranse cando conveña, segundo as condicións da empresa, se ben a empresa exporá con tempo ós seus traballadores, como van desfrutalas no ano próximo, segundo o criterio e necesidades da empresa e dos traballadores, non podendo ser nunca nos meses de verán.

c) Cando o traballador cese no curso do ano, terá dereito á parte proporcional de vacacións a razón do tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador.

b) Por morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes ou descendentes.

c) Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou parto da esposa.

A duración destas licencias será de quince días para o matrimonio e ata de tres días, nos demais casos. Nestes casos excepcionais, poderá concedérselles licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causas moi xustificadas.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade do soldo base e antigüidade, nos meses de xullo e decembro.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

O persoal da empresa percibirá durante o mes de marzo, en concepto de paga de beneficios do ano anterior, o importe dunha paga mensual completa correspondente ó dito ano.

Artigo 9º.-Servicio militar.

O persoal comprendido no presente convenio ten dereito a que se lle respecte o seu posto de traballo durante o tempo que dure o servicio militar. Así mesmo, o persoal que leve dous anos prestando servicios na empresa, no momento da incorporación ó servicio militar, ten dereito a percibir como se estivese presente no traballo, o importe das gratificacións extraordinarias fixas de xullo e decembro.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa estará obrigada a facilitarlles ós seus empregados as pezas de roupa de traballo necesarias para cada función. Unha cada ano. O seu uso e conservación serán obrigas para o persoal.

Artigo 11º.-Retribucións.

O salario, durante a vixencia deste convenio, será o que figura na táboa que se reflicte na folla anexa, máis os aumentos por antigüidade que procedan, segundo a táboa anexa.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio consistentes en cuadrienios na cantidade do 5% do salario base, correspondente á categoría en que o productor está clasificado.

Artigo 13º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, cun ano de servicio na empresa, esta está obrigada a satisfacer ós seus habentes-dereito a unha axuda de dúas mensualidades.

Artigo 14º.-Comisión paritaria.

Para levar a bo fin estas negociacións, contitúese unha comisión paritaria integrada por Ramón Somoza Rodríguez e Manuel Ángel Barros Fernández, delegado sindical de persoal, en representación dos traballadores e Antonio Pérez del Oro, en representación da empresa.

Artigo 15º.-Partes asinantes.

Este convenio foi asinado por unha representación dos traballadores en tódalas súas follas e por Antonio Pérez del Oro, en representación da empresa.

Vilagarcía de Arousa, marzo de 1997.

Ramón Somoza Rodríguez.

Chofer, repartidor, secretario.

DNI 35.409.940.

Mª Josefa Ramos Bugallo.

Axudante.

DNI 35.439.060.

Manuel Ángel Barros Fernández.

Delegado sindical de Persoal.

DNI 36.040.786-Q.

Manuel Rivas Núñez.

Mozo.

DNI 35.399.606.

Antonio Pérez del Oro.

Representación empresarial.

DNI 35.328.501.

Táboa de salarios

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Cuadrienio

valor

Director xerente117.000121.1006.055

Persoal Admon.
Xefe administrativo96.00099.3604.970
Aux. Admon. ou oper. maqui. contab.77.70080.4204.021
Axud. Admon. ou oper. maqui. contab.77.00079.6953.985
Auxiliar de caixa77.00079.6953.985
Aspirante de 16 a 18 anos53.00054.855

Persoal mercantil
Xefe de compras94.80098.1184.906
Xefe de vendas94.80098.1184.906
Xefe de almacén94.80098.1184.906
Dependente maior84.60087.5614.379
Dependente78.70081.4554.073
Axudante76.60079.2813.965
Aprendiz 1ª53.00054.855
Aprendiz 2ª53.00054.855
Preparador de pedidos78.70081.4554.073
Viaxante75.50078.1433.908

Persoal de servicios
Chofer repartidor78.70081.4554.073
Mozo especializado77.70080.4204.020
Mozo77.00079.6953.985
Prof. Ofi. 3ª77.00079.6953.985

Vilagarcía de Arousa, marzo de 1997.

97-3337