Os estudios biolóxicos e a experiencia do sector confirman que cara ó final da primavera e ó comezo do verán, abonda extraordinariamente o polbo de pequeno tamaño, o que leva a que este se pesque en grandes cantidades, co conseguinte prexuízo para os recursos.
Por esta razón, parece aconsellable realizar en augas da Comunidade Autónoma de Galicia unha veda enfocada a esta especie, co fin de acadar unha recuperación das súas poboacións que permita un aumento dos tamaños de captura, o que redundará nunha mellora dos prezos ó pescador.
Por todo o exposto, por petición do sector,
DISPOÑO:
Artigo único.-Prohíbense as capturas do polbo (Octopus vulgaris) con calquera arte, así como o uso das artes de nasa do polbo, espello e raña en augas de competencia da Comunidade Autónoma galega, desde o 1 ó 30 de xuño (ambos inclusive) do presente ano.
Disposición derradeira
Facúltase o director xeral de Marisqueo e Acuicultura para adoptar tódalas medidas necesarias para o desenvolvemento da presente orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 1997.
P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239 do 14-12-1993)
Víctor M. Vázquez Seijas
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura
2181