Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación do servicio de atención ó público e vixilancia nocturna nos edificios da Casa das Ciencias e Domus.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As97/9.

2. Obxecto do contrato: prestación do servicio de atención ó público e vixilancia nocturna nos edificios da Casa das Ciencias e Domus.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 19.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 380.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Praza de Mª Pita, 1.2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono (981) 18 42 19. Fax (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 2, categoría a.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se vai presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. C) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido destes («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de atención ó público e vixilancia nocturna nos edificios da Casa das Ciencias e Domus.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 16 de abril de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

1944