Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación da contratación do servicio de asistencia, vixilancia e control dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia na zona Sur de Portos (Pontevedra).

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais.

c) Número do expediente: Sc. Serv. 04/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dos traballos de asistencia, vixilancia e control dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia, na zona Sur de Portos (Pontevedra).

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia na zona Sur de Portos (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 1 ano prorrogable por acordo das partes por un prazo doutro ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.000.000 de ptas. (IVE incluído) para o ano de vixencia do contrato.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 340.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación: 680.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, portal 5A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de claúsulas administrativas particulares do concurso.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificados no número 6.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Na entidade, domicilio e localidade especificados no número 6.

A mesa de contratación reunirase ás 12 horas do décimo día natural, contado desde o día seguinte ó remate do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as 12 horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios da sede central do Ente Público Portos de Galicia, sita no domicilio e localidade especificados no número 6, o resultado da dita cualificación, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

3499