1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais.
c) Número do expediente: Sc. Serv. 03/97.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: realización dos traballos de asistencia, vixilancia e control dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia, na zona centro de Portos (provincia da Coruña).
b) División por lotes: non.
c) Lugar de execución: portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia na zona Centro de Portos (provincia da Coruña).
d) Prazo de execución: 1 ano prorrogable por acordo das partes por un prazo doutro ano.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 31.000.000 de ptas. (IVE incluído) para o ano de vixencia do contrato.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento de licitación: 620.000 ptas.
Definitiva: 4% do orzamento de licitación: 1.240.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.
b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, portal 5A-6º.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
d) Teléfono: (981) 54 45 02.
e) Telefax: (981) 54 53 37.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría B.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de claúsulas administrativas particulares do concurso.
c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificados no número 6.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
Na entidade, domicilio e localidade especificados no número 6.
A mesa de contratación reunirase ás 11 horas do décimo día natural, contado desde o día seguinte ó remate do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 11 horas do seguinte día hábil.
A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios da sede central do Ente Público Portos de Galicia, sita no domicilio e localidade especificados no número 6, o resultado da dita cualificación, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.
10. Outras informacións:
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente do Ente Público Portos de Galicia
3498