Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 25 de marzo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 3 (A e 4 A) do SU-15, por instancia de José Álvarez Carpintero, logo de constitución de garantía polo importe de 13.678.781 ptas., trece millóns seiscentas setenta e oito mil setecentas oitenta e unha pesetas.

2. Deberá construírse ramplas para minusválidos alí onde existan escaleiras, segundo condicionante técnico do Servicio de Parques e Xardíns.

De conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de quince días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de abril de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

3102