Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de abril de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados a resolución de subrogación na titularidade da vivenda 1.741 do expediente C-2-CD/68, por resultaren descoñecidos os seus domicilios.

Por medio desta cédula notifícaselles ós herdeiros de Rafael Casteleiro Mayobre e de Ángela Fernández Beceiro a resolución pola que o delegado provincial do IGVA da Coruña acorda, na data 8-11-1996, a subrogación na titularidade da vivenda sita no polígono de Caranza, bloque 25, portal 3, baixo esquerda de Ferrol. Concédese o prazo dun mes desde o día seguinte ó da publicación desta cédula para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 7 de abril de 1997.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

3093