Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 26 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador, referencia Secretaría 141/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e de acordo co artigo 13.2 do devandito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 141/1996.

Denunciado: Antonio García Fraga.

Razón social: Cafetería Torre Esmeralda.

Último enderezo coñecido: Costa da Palloza, 3, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: poderá chegar ata a contía de 500.000 pesetas.

A Coruña, 26 de marzo de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

2949