Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.300

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Obras Públicas, Urbanismo e Transportes, pola que se procede á publicación das resolucións en materia de transportes que se citan. (Expediente 06-BD-10219.4/1995 e dous máis).

Por non ser posible practicar nos domicilios dos seus destinatarios as notificacións que se relacionan no anexo, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27).

Contra os ditos actos, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer escrito de alegacións, presentando ou propoñendo as probas que se xulguen oportunas no prazo de 15 días contados a partir da presente publicación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Madrid, 26 de febreiro de 1997.

Jesús Mora de la Cruz

Secretario xeral técnico da Consellería de Obras

Públicas, Urbanismo e Transportes

ANEXO

-Expediente: 06-BD-10219.4/1995.

Denunciado: Ramón López Muíña.

Último domicilio coñecido: Lugo, 5-15810 Arzúa (A Coruña).

Infracción: incumprir descanso diario, máis do 20%.

Data da denuncia: 4-10-1995.

Preceptos infrinxidos: Art. 141 p) da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31). Art. 198 i) do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, do Regulamento de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 8 de outubro). Regulamento (CEE) nº 3820/1985, do Consello do 20-12-1985 (DOCE do 31).

Preceptos sancionadores: Art. 143 da Lei 16/1987 e Art. 201 do Real decreto 1211/1990.

Sancionable por: 50.000 pesetas.

-Expediente: 06-BD-10333.5/1995.

Denunciado: Translota, S.L.

Último domicilio coñecido: Polígono de Sabón, nave 10 p 143 15142 Arteixo (A Coruña).

Infracción: carencia de discos dunha semana.

Data da denuncia: 6-10-1995.

Preceptos infrinxidos: Art. 141 q) da Lei 16/1987 e 198 i) do Real decreto 1211/1990. Regulamento (CEE) nº 3820/1985, do Consello do 20-12-1985 (DOCE do 31).

Preceptos sancionadores: Art. 143 da Lei 16/1987 e Art. 201 do Real decreto 1211/1990.

Sancionable por: 47.000 pesetas.

-Expediente: 06-BD-10993.8/1995.

Denunciado: Marco Antonio Martínez San Juan.

Último domicilio coñecido: Lugo, 8-22 D 36400 O Porriño, Pontevedra.

Infracción: incumprir descanso diario, más do 20%.

Data da denuncia: 20-10-1995.

Preceptos infrinxidos: Art. 141 p) da Lei 16/1987 e 198 q) do Real decreto 1211/1990. Regulamento (CEE) nº 3820/1985, do Consello do 20-12-1985 (DOCE do 31).

Preceptos sancionadores: Art. 143 da Lei 16/1987 e 201199 do Real decreto 1211/1990.

Sancionable por: 50.000 pesetas.