Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 11 de marzo de 1997 a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para o municipio de Meaño no núcleo urbano de Dena, sométese a información pública por un prazo dun mes, mediante edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal La Voz de Galicia, que empezará a contarse a partir do día seguinte ó da última publicación.

O devandito acordo, ó abeiro do artigo 102.2º do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, determina a suspensión de outorgamento de licencias na área afectada pola devandita modificación, por un prazo dun ano, extinguíndose coa terminación do devandito expediente, sen prexuízo de que poidan concederse licencias baseadas no réxime actualmente vixente.

Meaño, 17 de marzo de 1997.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde

2598