Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 3 de marzo de 1997, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a revisión das normas subsidiarias de planeamento do municipio de Cesuras.

Segundo.-Publica-lo acto de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e comunicalo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, dándolle á vez traslado dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran as normas debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Terceiro.-Condiciona-la eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor das normas subsidiarias de planeamento do concello de Cesuras á recepción do expediente completo na citada consellería e á publicación das súas normas e ordenanzas conforme o establecido na lexislación do réxime local.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública.

Cesuras, 5 de marzo de 1997.

José Ferreiro Pardiñas

Alcalde

2339