Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Polo acordo plenario do 2 de abril de 1997, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais no contorno da igrexa de Sta. Mª do Temple-Cambre, e redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido nos artigos 128 e 114 do texto refundido da Lei do solo.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 9 de abril de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

2507