Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia licitación, por concurso público aberto, trámite de urxencia, para a subministración de equipamento para o albergue xuvenil de Portomarín (Lugo).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar licitación, polo trámite de urxencia, para a contratación de subministración mediante concurso público aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 15/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: equipamento do albergue xuvenil de Portomarín (Lugo).

b) División por lotes e número:

Lote 1: 6.550.000.

Lote 2: 5.400.000.

c) Lugar de execución: Portomarín (Lugo).

d) Prazo de execución: 20 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.950.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 239.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 46 52.

e) Telefax: 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que cómpre presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Santiago de Compostela, 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

3437