Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, da execución das obras de acondicionamento de local para sede da comisaría da policía autonómica na avenida Martínez Garrido, polígono Rivera Atienza, de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 1186/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras de acondicionamento de local para sede da policía autonómica na Avda. Martínez Garrido, polígono Rivera Atienza, de Vigo.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: Vigo.

d) Prazo de execución: 3 meses desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.764.780 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 1.070.591 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Consellería en Vigo, sita na r/ Teófilo Llorente, 6 baixo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L. r/ Rosalía

de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: categoría C; grupo C; subgrupo 4, 6, 9.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro (13) día natural, as 14 horas, agás que o último día fora inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

3. Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos do anuncio.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

3472