Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública. (Expediente 3767 A.T., expropiación 166).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, solicitando a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan, segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:

Liña 66 kV Cesuras-Friol, nos termos municipais de Guitiriz e Friol, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación do 14 de setembro de 1993.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP, e máis no xornal El Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia e os interesados en igual prazo, ós que se lles practica notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, e para este efecto estará exposto o expediente cos planos de situación e parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 10 de abril de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 3767 A.T.Provincia: Lugo

Liña a 66 kV Cesuras-FriolConcello: Guitiriz

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

4Salgueirón ó Cal da TeipaMonteManuel Taboada FernándezCastelo de Pambre

27203 Palas de Rei

47434610.380

7FontenazaToxeiraManuel Taboada FernándezCastelo de Pambre

27203 Palas de Rei

492401.200

9Tras das PenasToxeiraManuel Taboada Fernández e outrosCastelo de Pambre

27203 Palas de Rei

4927175

Expediente: 3767 A.T.Provincia: Lugo

Liña a 66 kV Cesuras-FriolConcello: Friol

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

38O CastreloMonteAtilano Morandeira Losadar/ Real 26-28-7º Esq.

15003 A Coruña

481.350

122VixideMonteMilagros Viña Rodríguezr/ Perpendicular, 3-3º A

47009 Valladolid

1392872.610

3077