Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública. (Expediente 3705 A.T., expropiación 165).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Coruña r/ Fernando Macías, nº 2, solicitando a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan, segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:

Liña M.T. a 20 kV Espasante e Mato, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación de data do 1 de xuño de 1993.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP, e máis no xornal El Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia e os interesados en igual prazo, ós que se lles practica notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, e para este efecto estará exposto o expediente cos planos de situación e parcelarios, das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 9 de abril de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 3705 A.T.Provincia: Lugo

Liña a 20 kV e C.T. en MatoConcello: Pantón

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

3O VeliñoMonteRamón Incio BalboaEstrada Ourense, 67 (Supermercado)

27430 Ferreira de Pantón

841.024

3 bisO VeliñoMonteJulio González LópezEstrada Ourense, 87

27430 Ferreira de Pantón

2096

5O VeliñoMonteJosé Arias FernándezEstrada Ourense, 127-129

27430 Ferreira de Pantón

24336

6O VeliñoLaborJesús Fernández FernándezEstrada Ourense, 112

27430 Ferreira de Pantón

27432

7O VeliñoLaborJesús Fernández FernándezEstrada Ourense, 112

27430 Ferreira de Pantón

3133528

18Sitio CuvelaMonteRamón Enríquez MoureEstrada Ourense, 42

27430 Ferreira de Pantón

7224384

19Sitio CuvelaMonteRamón Enríquez MoureEstrada Ourense, 42

27430 Ferreira de Pantón

60960

20Sitio CuvelaMonteRamón Enríquez MoureEstrada Ourense, 42

27430 Ferreira de Pantón

8248768

3064