Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno desta corporación, en sesión celebrada o día 27 de setembro de 1996, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de Bergondo, no seu artigo 74, apartados 1 e 2, sobre separación de fosas sépticas a pozos de auga nos núcleos rurais.

O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes, para o seu exame e reclamacións

polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 114 do R.D.L. 1/1992, que aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime de solo e ordenación urbana.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no DOG.

Bergondo, 21 de abril de 1997.

José Carabel Balsa

Alcalde

3389