Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1997 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de instalación de ancoraxes para contedores de recollida de lixo.

Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: O97/4.

Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de instalacións de ancoraxes para contedores de recollida de lixo.

Prazo de execución: tres meses.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

Orzamento base de licitación: 17.007.687 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 340.154 pesetas.

Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

Clasificación empresarial: non se esixe.

Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta Económica e «Documentación Administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de instalación de ancoraxes para contedores de recollida de lixo».

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de marzo de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

97-3392