Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997 pola que se anuncia procedemento negociado para a adquisición dos uniformes de verán da unidade de uxieres do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 2/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: procedemento negociado para a adquisición dos uniformes de verán da unidade de uxieres do Parlamento de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: uniformes e vestiario complementario para 11 cabaleiros e 6 donas.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: no Parlamento de Galicia.

e) Prazo de entrega: o sinalado nas ofertas, que non poderá exceder do mes a partir da data de notificación da adxudicación do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón setecentas mil pesetas (1.700.000 ptas.), IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: dispénsase.

b) Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela C.P. 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 14 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado ó próximo día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula administrativa VII do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOPG nº 642, do 25 de abril de 1997.

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes: non se establecen.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó cuarto día hábil seguinte ó da data de remate de presentanción de ofertas.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

3374