Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitucións, modificacións e disolucións-cancelacións das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e disolucións-cancelacións que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Barreiriña S.A.T. nº 948 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Vilar-Touro (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 17.400.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Hortalizas Gómez S.A.T. nº 936 XUGA, na asemblea xeral do 12-12-1996 acordan por unanimidade aumenta-lo

capital social na cantidade de 2.100.000 ptas., pasando de 4.500.000 ptas. a 6.600.000 ptas.

A sociedade agraria de transformación Productores Asociados de Cerceda S.A.T. nº 920 XUGA, na asemblea xeral do 2-12-1996 acordan por unanimidade con carácter extraordinario a baixa de 2 socios e a elección de nova xunta rectora, integrada por: presidente: Manuel Rodríguez Muíño; secretario: Teodoro Candal Becerra e vocais: Mª Adelina Fuentes Boquete, Daniel Mareque Seoane, Manuel Casas Canedo, Mª del Carmen Guillermo Rodríguez e Dorinda Muíño Viña.

Disolución-cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Montes de Campo do Castro S.A.T. nº 3598, nas asembleas xerais do 21-12-1995 e do 30-6-1996 acordan por unanimidade a disolución e cancelación da S.A.T. despois de acepta-lo informe final que presentaron os socios liquidadores.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1997.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

3131