Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de incendios forestais que se citan, devoltos polo servicio de correos. (Expediente IF 30/97 de tres máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Fernando Rengifo Méndez-Núñez, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento de expediente de concorriren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

ANEXO

-Expediente: nº IF 30/97.

Denunciado: José Antonio Fernández López.

DNI: 34.252.423.

Último enderezo coñecido: r/A Rectoral, nº 6-As Pontes-A Coruña.

Feitos imputados: abandonar un vehículo nunha masa forestal, marca Seat Ritmo, matrícula C-9861-O, podendo supoñer perigo de incendio forestal dada a súa situación; e estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Calificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: nº IF 35/97.

Denunciado: Augusto da Costa Piris Brizida.

DNI: LU-001650.

Último domicilio coñecido: Pumeiriño, 7 -Xove-Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo en zona forestal, marca R-7, matrícula C-5109-U, susceptible de provocar ou intensificar incendio forestal.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Calificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: nº IF 38/97.

Denunciado: Miguel Díaz Rodríguez.

DNI: 33.832.966.

Último domicilio coñecido: Pedregal-Cova, 5-Viveiro-Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo nunha grande masa forestal, marca SIMCA-1200, matrícula LU-0032-E, estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 137 e) do Regulamento de incendios.

Calificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: Nº IF 48/97.

Denunciado: César Fraga Fernández.

DNI: 33.815.375.

Último domicilio coñecido: r/ Reixa, s/n-Celeiro Mariñaos-Barreiros- Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo no monte, en evidente estado de abandono, modelo Seat 1430, matrícula M-8668-AB; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 137 e) do Regulamento de incendios.

Calificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

Lugo, 1 de abril de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

2997